

Estrea online do sketch teatral Rosalía, muller de Compostela a cargo da compañía de teatro Os Quinquilláns, cuxa especialización é o teatro de rúa e teatro infantil, e que, actualmente, seguen facendo arte a través do audiovisual.
Nesta obra encarnarán á famosa Rosalía de Castro, esa muller transgresora e loitadora, capaz de enfrontarse ó mundo e defender os seus ideais ante calquera obstáculo, e o seu amigo e tamén famoso pintor galego-brasileiro, Modesto Brocos, un home de mente inqueda e gran paixón polas belas artes, que xuntos pasearán pola Compostela de hoxe, mentres reviven lembranzas, celebran avances e requiren dereitos. Unha viaxe teatral e poética que está protagonizada por Lucho Penabade e Tero Rodríguez, integrantes do grupo teatral Os Quinquilláns, acompañada pola música de Luís “O Caruncho” e gravación a cargo de Pib Producións.

