Artellando Feminismo
Marilar Aleixandre

Narradora, poeta, feminista, académica da RAG, e así mesmo investigadora na USC sobre pensamento crítico. A súa poesía recibiu premios coma o Esquío por Catálogo de velenos (1999) e o PEN-Caixanova por Mudanzas (2007), obras que reúne en Mudanzas e outros velenos (2017) xunto con Abecedario de Árbores (2006). Na literatura xuvenil A cabeza de Medusa (Xerais, 2008) trata da violación social que segue á física. A súa última novela As malas mulleres (Galaxia, 2021), trata sobre o cárcere de mulleres da Galera en 1863 con Juana de Vega e Concepción Arenal como condutoras do relato, con el recibiu o premio Blanco Amor.

María López Sandez

Licenciada en Filoloxía Hispánica, Inglesa e Galego-Portuguesa e Doutorada en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora en ensino secundario e profesora asociada da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Como ensaísta, gañou o premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007 coa obra Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio. No terreo da ficción, recibiu o premio Repsol de Narrativa Breve 2012 por A forma das nubes, e publicou posteriormente O faro escuro, Illados. Diario da pandemia e a obra feminista xuvenil A noite da Deusa.

María Xosé Porteiro

Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Desenvólvese profesionalmente coma xornalista e escritora. Declárase coma ecofeminista. Recibiu varios galardóns como o premio Ernestina Otero do Consello Municipal da Muller de Vigo, polo seu traballo histórico a prol do feminismo, o premio Primeiro de Maio, de CCOO, polo seu compromiso social e feminista, e foille outorgada a Encomenda ao Mérito Civil, do Estado español, pola súa contribución á política exterior española. Na actualidade é Adxunta á Valedora do Pobo e dirixe o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega.

Miguel Lorente

Doutorado en Medicina. Especialista en cirurxía e médico forense. É profesor de medicina legal e asesor da Unidade de Igualdade na UGR. Máster en Bioética e Dereito Médico. Foi Director Xeral de Asistencia Xurídica a Vítimas de Violencia e Delegado de Goberno para a Violencia de Xénero, así como asesor en comisións sobre violencia de xénero de organismos nacionais (Senado, CGPJ…) e internacionais (OMS, EIGE, ONU…). Publicou 84 artigos en revistas científicas, 8 libros e 32 capítulos de libros. Ademais, é experto en sentencias ditadas en casos de homicidios e asasinatos de mulleres cometidos no seno da parella e no estudo sobre a aplicación da agravante de xénero nas sentencias.

Cristina Fallarás

Licenciada en Periodismo pola Universidade Autónoma de Barcelona. Coma periodista, traballou en importantes medios de comunicación como “Cadena Ser”, “El Mundo” e “El Periódico de Catalunya”. Coma escritora foi galardoada co premio “Buenas Prácticas de Comunicación No Sexista”, outorgado pola “Asociación de Mujeres Periodistas de Cataluña” e co premio de “Periodismo feminista María Luz Morales”, outorgado polo “Observatorio Cultural de Género y la Fundación Catalunya la Pedrera”. En 2011 publicou a novela “Las niñas perdidas” (2011) obra que lle converteu na primeira muller en gañar o “Hammett” que outorga a “Semana Negra de Gijón”.

Consuelo Sánchez

Licenciada en Xeografía e Historia, e Historia da Arte pola Universidade Autónoma de Madrid. É Administradora Civil do Estado da XXII promoción. Actualmente é Asesora na Subsecretaría do Ministerio de Cultura e Deporte na Comunidade Autónoma de Madrid e Vicepresidenta de AEINAPE (Asociación Española de Antiguos Alumnos del INAP de España). Entre outros postos foi Subsecretaria no Ministerio de Sanidade e Política Social e no Ministerio de Sanidade e Consumo; Secretaria Xeral para a Administración Pública e Directora Xeral de Recursos Humanos e Servicios Económicos e Presupostarios do Ministerio de Sanidade e Consumo.

Claudia Pradas

Graduada en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona, Máster en psicoloxía Clínica e da Saúde polo ISEP, e en Psicoloxía xeral sanitaria pola UNIR. É especializada en igualdade de xénero e diversidade sexual, así como en trauma e EMDR e en trastornos da personalidade. O seu amor pola psicoloxía é altamente vocacional, ofrecendo a súa labor como terapeuta tanto online como presencial, dando o mellor de si para axudar a quen o precise nesta actualidade chea de retos na que nos encontramos. A súa creatividade, proactividade e motivación inspira a todos/as aqueles/as que topan con ela.

Marisa Vidal Collazo

Graduada en Química pola Universidade de Santiago de Compostela, e Diplomada en Ciencias Relixiosas pola Universidade Pontificia Comillas ICAI-ICADA. Profesora de física e química e de relixión católica na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Muller con grande curiosidade pola teoloxía e o feminismo. Pertence á Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria, a cal cumpre 25 anos conxugando espiritualidade e feminismo. Tamén forma parte da Rede Miriam e da ATE (Asociación de Teólogas Españolas). Actualmente é secretaria de redacción da Revista Encrucillada, revista galega de pensamento cristiá, e colaboradora habitual da Revista Irimia, revista de crentes galegos.

Eugenia Tenenbaum

Estudante de Historia da Arte, actualmente está rematando a súa licenciatura na capital española, Madrid. Compaxina a súa carreira con outras formacións en materia de xénero, estudos da muller e teorías feministas. Como “millenial”, desfruta da difusión e expresión en redes sociais, o que lle levou a sustentar un perfil en redes sociais no que divulga sobre historia da arte, feminismo, cultura… ó mesmo tempo que mantén conversacións e debates sobre historia, política e saúde mental. Considera que a súa vocación é reeducar sobre a perspectiva de xénero a través da súa paixón, a historia da arte.

Xoana

Artista emerxente de 21 anos comprometida coa reivindicación da igualdade. Actualmente está inmersa nun proxecto musical que ten coma principal aliada a lingua galega, promocionando o uso desta coa axuda de ritmos coma o pop, o rock, o jazz, o funky e mesmo o reggae, e cuxa única idea é traballar por un galego que derrube fronteiras e estea libre de prexuízos. Foi finalista a Mellor Disco en Galego nos prestixiosos Premios de la Música Independiente (MIN), o que lle levou a dar visibilidade o seu proxecto Dardos,álbum publicado en decembro de 2018.

Helena Egea

Artista musical e estudante de enxeñería informática. Cursou ata 5ª grao profesional de violín, formándose tamén no piano. Posteriormente comezou co canto e ca guitarra. Formou parte do Coro de Compostela Actúa e do Rock Is Dead Fest. Protagoniza o proxecto Summertime en colaboración coa facultade de comunicación audiovisual e a escola superior de jazz de Donosti. Foi parte das bandas The Moon e Saving Helen. Actualmente leva un proxecto de rock progresivo e forma parte do Golden World Archive. En 2020 gañou o segundo premio dos Premios á Xuventude na categoría de música – outros xéneros, da DEPO, co seu tema Glass.

Sara Silvar

Estudante do dobre grao de periodismo e comunicación audiovisual. Como apaixonada destas ensinanzas, participou en varias ocasións no concurso Outra Compostela do International Film Fest Curtocircuíto. En 2018 produce unha curtametraxe titulada Depaysement, nada dos seu interese polos problemas sociais. Posteriormente colabora coa marca de arte e divulgación feminista Girls from today creando contidos audiovisuais. No 2020 muda a Madrid onde descobre o vídeo ensaio e a danza, disciplinas que mestura no seu proxecto Escoita as sinais en colaboración coa coreógrafa Cristina Silvera, e que indaga na importancia de detectar e actuar contra a violencia de xénero.

Séguenos polas redes!

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usabilidade. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies