Relatores/as 2022!
COMPOSTELA FEMINISTA.
Coñece aos invitados/as
PATRICIA SORNOSA


Cómica, escritora, actriz e comunicadora feminista.
Diplomada en Maxisterio Musical, con título de Grao Medio de solfexo e piano e formación artística en interpretación, guion, baile e improvisación. Cómica, escritora, actriz e comunicadora feminista valenciana, é coprotagonista do documental “Deas-Extinción” que recibiu, entre outros, o Premio Prismas 2020 á divulgación científica e o premio da audiencia en RushDoc (EEUU). Escribe e colabora con medios de comunicación como o programa de radio Carne Cruday e a revista Beat Valencia. Gravou monólogos para Comedy Central, Latexa Motiv de Buenafuente e os especiais Sin Censura e Stop Princesas.
Elizabeth Duval


Filósofa, escritora e unha das voces principais do feminismo
Licenciada en Filosofía pola Universidad de París 1 Panthéon-Sorbonne e en Letras pola Universidade Sorbona Nova de París 3. Nacida en Madrid, reside actualmente en París. Autora da novela “Madrid será la tumba”, o ensaio “Después de lo trans”, a memoria literaria “Reina” e o libro de poemas “Excepción”, tamén participa no Consello de Redacción de CTXT, escribe como columnista para Público e El País Retina e colabora co canal Playz de RTVE.
Yolanda Domínguez


Artista visual, experta en comunicación e xénero.
Artista visual, experta en comunicación e xénero. Estudou Administración e Dirección de Empresas e Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid e é Máster en Arte e Novas Tecnoloxías e Máster en Fotografía. Bolseira polo Ministerio de Cultura de España foi premiada por institucións como Unión de Xornalistas Valencianos e o Desig Museum de Londres. Columnista, deseñadora de campañas de concienciación e conferenciante dentro e fóra de España.
Aixa Permuy


Doutora en Educación e formadora experta en Educación Emocional e Educación para a Igualdade de Oportunidades.
Doutora en Educación, educadora social, pedagoga e investigadora do Seminario Permanente de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Formadora experta en educación emocional e educación para a igualdade de oportunidades.
LÚA MOSQUETERA


Poeta, escritora e emprendedora de varios proxectos culturais e de deseño.
Graduada en lingua e literatura galega, poeta e autora dos libros “RasRás” e “Aunque seas rara y seas pájaro”. Emprendedora e cofundadora da escola de deseño, patronaxe, corte e confección “A Mapache”, da marca propia Nicanora e do festival de música e arte Loro Focu. Imparte talleres de bordado e confección responsable e sostible, así como de escritura creativa, a súa grande paixón.
Pablo Seijas


Cantante e compositor en NENO, guitarrista de Lúa Mosquera.
Cantante e compositor en NENO, produtor de bandas sonoras para teatro e audiovisual, e músico de sesión en estudo.
Guitarrista de Lúa Mosqueteira e de Marilia Monzón, teclista no Combo Viramundo e cantante nos Players.
Coa súa anterior banda, Misterioso Viaxe Holanda editou dous álbums: “ Nuncataxi” (2010) e “ MVH” (2014).
Como Pablo Seijas editou “Para Brillar” (2013) e “Debajo del aire” (2016).
Rogelia dos Outeiros


Actriz
“Soa” é a primeira produción en solitario da xa veterana actriz Rogelia dos Outeiros. Unha adaptación dirixida por Fran Rei do coñecido monólogo La Donna Dola, publicado en 1977.
espectáculo centra a atención na
esperanza e ten como protagonista a
unha muller maltratada física e
psicoloxicamente, que pechada na casa
polo seu marido, atopa na súa nova
veciña unha confidente a quen contarlle a
súa historia, unha válvula de escape para
liberarse da pesada carga que sempre a
acompaña.
Anabel Lorente


Pedagoga especializada en proxectos culturais e de acción social.
Pedagoga especializada en proxectos culturais e de acción social. Son recoñecidos os seus relatorios e talleres en relación ao storytelling, ciberactivismo, saúde mental e feminismo. En 2018 lanzou unha serie de microanimacións de denuncia social que teñen un grande impacto en redes sociais, onde é coñecida como catana3el. En 2020 publicou o seu libro “True Story” [historias que merecían ser contadas]. Trátase dun conxunto de relatos ilustrados en relación ao maltrato, soidade, desigualdade e coraxe.
Manuel Darriba


Experto en Mindfulness. Coach executivo, consultor e formador en competencias sociemocionais.
Licenciado en Ciencias Políticas. MBA por ICADE. Máster de Mindfulness pola Universidade de Zaragoza (Facultade de Medicina). Instrutor de Mindfulness BMIT. Coach certificado por ICC. Certificado como educador en Disciplina Positiva en Organizacións e Familias.
Actualmente desenvolve o seu labor como instrutor de mindfulness en contextos educativos e organizativos, coach executivo e consultor na área de persoas e formador en competencias socioemocionais e habilidades directivas. É cofundador do proxecto Koesencia desde o cal axuda ás organizacións para desenvolver contornas de traballo nas que as persoas poidan sentirse emocionalmente vinculadas e comprometidas co proxecto común.
3 Obradoiros: Nutrición Consciente | Corporalidade | Mindfulness.
Unha mañá contigo.
Mita Beutel


Musicoterapeuta e terapeuta corporal.
Musicoterapeuta e terapeuta corporal pola Facultade de Artes de Sao Paulo. Postgrao de Experto/a en Expresión Artística e Danza en España. Profesora acreditada en Explorando a Quietude é responsable da área de Mindfulness no Centro Quietud, en Santiago de Compostela. Desenvolve proxectos relacionados coas emocións e co desenvolvemento humano, baseados na escoita, na creatividade, no apoio preto e nunha técnica propia de movemento espontáneo, creativo e profundo, denominada “Danza Espello”.
3 Obradoiros: Nutrición Consciente | Corporalidade | Mindfulness.
Unha mañá contigo.
Belén Ventín


Dietista, con formación en Bioloxía, nutrición, fitoterapia, PNL e Psych-k.
Dietista, naturópata, con formación en Bioloxía, nutrición, fitoterapia, PNL e Psych-k e Especialista en Educación Emocional pola Universidade de Santiago de Compostela. Certificada como Coach Internacional pola International Coaching Community, foi cofundadora de Impulxa, un espazo de crecemento persoal. Acompaña procesos de cambio desde unha perspectiva integral, acercando ás persoas modelos saudables de vida, que engloban hábitos, alimentación, visión persoal, creenzas limitantes…, adaptando este proceso de forma particular a cada individuo.
3 Obradoiros: Nutrición Consciente | Corporalidade | Mindfulness.
Unha mañá contigo.
Andrea Nunes


Escritora
Profesora no ensino secundario en Santiago de Compostela traballou en universidades de China, Italia e Galicia e dou obradoiros sobre diversidade e inclusividade en diferentes centros educativos. Autora dos libros: “Corrente de esquecemento”,"Todas as mulleres que fun” e “Diáspora do amor balea” (colaboración con María Rosendo), vinculou desde os seus comezos a actividade poética ao activismo feminista. Pertence ao colectivo As Candongas do Quirombo e á plataforma de crítica literaria feminista A Sega.
Blanca Gilino


Dinamizadora comunitaria e técnica de igualdade. Bailadora desde que ten uso de razón
Dinamizadora comunitaria e técnica de igualdade. Bailadora desde que ten uso de razón; comeza nas cociñas das avoas e vai herdando o xeito do corpo de cada unha. Foi pasando por diferentes escolas de baile tradicional da xeografía galega, acumulando medallas simbólicas do día da Muiñeira viguesa. Xa en Compostela explora novos xeitos de mover o baile, de guiar os puntos, de ler o corpo e de teorizar sobre a danza baixo unha perspectiva feminista.
M. Xosé Porteiro


Xornalista e escritora
Xornalista e escritora, traballou en prensa, radio, televisión e comunicación corporativa. Ten publicada narrativa, ensaio e biografía desde 1981 até 2021. Feminista comprometida cos dereitos humanos, participou activamente na vida pública.
Rebeca Raso


Doutora en Educación, Xénero e Igualdade,
Técnica de Igualdade da Casa Xohana Torres. Doutora en Educación, Xénero e Igualdade, e especialista en facilitación de procesos grupais dende un enfoque feminista. Ao longo da súa traxectoria profesional enfocouse no eido formativo e no traballo co tecido asociativo, así como no desenvolvemento de metodoloxías participativas apoiándose de diferentes expresións artísticas.