Relatores/as 2023!

ARTELLAMOS FEMINISMO

Artista multidisciplinar e creadora de contido, dedica o seu labor en redes sociais ao acti­vismo e divulgación en temas de autoestima, trastorno da conduta alimentaria e gordofobia, desde a súa propia expe­riencia vital, tras sufrir bullying, TCA e outros problemas de saúde mental.

Formada en Teatro Musical e Integración Social, en 2022 publica o seu libro “Acepta y Vuela”: un relato autobiográfi­co inspirador, no que a autora conta como pasou de odiarse a amarse, sen ter en conta a medida do seu corpo.

Actualmente, compaxina a súa labor como divulgadora co seu tra­ballo como actriz, destacando o seu papel na obra “GORDAS.”

Muller polifacética, actriz, xornalista, creadora de contidos en redes sociais, divulgadora e abandeirada do movemento Body Positive, desde o que promove erradicar a gordofobia, defendendo a inclusión de corpos “non normativos.”

Graduada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, estudou Arte Dramática no Laboratorio de William Laytone e escribiu a obra “Yo siempre seré yo, a pesar de ti”, unha novela que fala do amor no século XXI e sobre todo do amor propio e a loita contra os estándares sociais.

Altofalante de todas aquelas persoas que sofren acoso ou discrimi­nación pola súa aparencia física, actualmente está a protagonizar a obra “GORDAS.”

Historiadora da Arte, compaxina a carreira con outras formacións en materia de xénero, estudos da muller e teo­rías feministas, colaborando ademais con numerosos medios de comunicación para percorrer a Historia da arte con perspectiva de xénero.

En 2019 crea a revista dixital “Femme Sapiens” que posteriormente muda ás RRSS, sendo na actualidade un referente desde o que, utilizando icónicas imaxes da historia da arte como “memes”, unha linguaxe concisa e sinxela e un humor moi sagaz, se denuncia a importancia do papel das mulleres na cultura e a representación das mesmas ao longo da historia.

Creadora do podcast “La maja sesuda” e autora da obra “Ni musas ni sumisas”, esta autora pretende desmontar o discurso oficial da historia da arte construída toda por señores.

Autor e escritor versátil, que cursou a diplomatura de interpretación ante a cámara na Central do Cine e que percorreu o país escoitando historias de amor, que o levaron a un proceso de introspección e a consecuente reformulación do sistema relacional establecido.

Desta experiencia nace o seu libro “Lo positivo de fracasar en el amor”, que desenvolve no espectáculo “Lo que te c@ntaron del amor” xunto á música de Fran Perea, coa pretensión de mostrar a amar sen xerarquías nin posesión e reflexionar sobre os es­tereotipos vencellados ao xénero masculino, fomentando a súa deconstrución.

Da xira realizada por España, cun cartel que rezaba “Escucho historias de amor gratis” nace a súa segunda obra “Co­razones en Papel”, na que valida todas as formas de amar, entendidas como motor de acción cara aos coidados e a amabilidade.

Psicólogo especialista en neurociencia, investigador e divulgador, triunfa en redes sociais aportando contido atractivo sobre temas actuais como o pracer sexual, a diversidade sexo-afectiva, a saúde mental; desde unha perspectiva neurocientífica e de xé­nero.

Tras finalizar Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, es­tudou un Máster de Investigación en Neurociencias Cognitivas e Clínicas, especialidade en Neuropsicoloxía, na Universidade de Maastricht e ac­tualmente cursa o seu doutorado na Universidade de Barcelona.

Autor do libro “El Cerebro Milenial”, que define á xeración milenial desde o punto de vista neurolóxico e científico, e tamén creador do podcast “Dos cerebros y un destino”, no que podemos aprender porqué funcionamos como funcionamos.

Bióloga de formación, especializada en neurociencia cognitiva pola USC, e divulgadora científica, é a creadora do espazo Putamen_t: un proxecto para achegar a ciencia e o comportamento humano de forma sinxela e con humor a todo tipo de público.

Cofundadora da Asociación de Divulgación Científica da UDC e creadora do podcast “Un humano por persona”, no que busca facer comprender a nosa relación coa contorna, tamén forma parte da academia online gratuíta “Escuela de pedantes” na que se abordan todas as cuestións necesarias para desenvolvernos como persoas adultas funcionais.

Autora do libro “La biología aprieta pero no ahoga”, nesta obra defende a volta ao natural como recurso para non deixarnos encorsetar por leis e normas preestablecidas.

Carla Núñez estudou Comunicación Audiovisual, comezando os seus pasos profesionais como auxiliar de dirección, posteriormente axudante de dirección creativa e desde o 2019 como guionista de televisión especializada en entre­temento e comedia. Desde hai sete anos, forma parte do equipo de guionistas do programa de televisión “Land Rober Tunai Show”, escribindo monólogos, sketches e outros contidos.

“Todo mal” é un podcast de actualidade e humor galego que cada semana debulla os temas, contidos e noticias máis divertidas e rocambolescas actuais e atemporais.

Graduade en Psicoloxía pola Universitat Autònoma de Barcelona, con formación no ámbito da psicoloxía clínica e da saúde, tras un profundo camiño de coñecemento, aceptación e traballo persoal, céntrase na súa paixón: atender ás persoas.

Apaixonada dos estudos de xénero e de como afectan os roles a nosa saúde mental, conta cun Máster en Psi­coloxía Clínica e da Saúde en ISEP, con formación en Igualdade de Oportunidades pola EVI (Escola Virtual de Igualdade) e MOOC en Igualdade de Xénero e Diver­sidade Sexual por Udemy e a Universidade de Chile.

Colaboradora en medios dixitais sobre psicoloxía e coordinadora de obradoiros sobre apego, estruturación do autoconcepto, entre outras moitas temáticas, e tamén a autora do libro “Todo saldrá (bien)”, co que pretende ofrecer un primeiro paso no camiño da terapia.

Monica Mura (Cagliari, 1979). Artista interdisciplinar y activista. Su trabajo analiza las relaciones entre memorias, géneros e identidades teniendo como punto
de partida su investigación sobre los paradigmas de poder y control social y político, en el ámbito de lo íntimo, lo privado y lo público. (Museo Thyssen-
Bornemisza, ARCO Madrid, JUSTMAD, Sala Alcalá 31, Museo Vostell Malpartida, CGAC, Museo Centro Gaiàs, Bienal de Arte de Cerveira, Museu José Malhoa
Caldas da Rainha, Sala Dogana-Palazzo Ducale Génova, Fiber Art Sardegna, MIA Anywhere Dubái entre otros). + info www.monicamura.com

Séguenos polas redes!

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usabilidade. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies