Programa Artellando Feminismo

LUNS 08 DE MARZO
10:30h

Lectura do Manifesto 8M

A cargo dos grupos que forman parte da Corporación Municipal do Concello de Santiago de Compostela

Praza do Obradoiro

LUNS 08 DE MARZO
12:30h

Premio Xohana Torres

Fallo do xurado do Premio de ensaio e creación audiovisual Xohana Torres. Organizado pola Concellaría de Políticas de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela.

Evento privado

LUNS 08 DE MARZO
18:30h

Helena e Sara: é posible facerse un oco no panorama cultural actual?

Online

Coloquio a cargo de Helena Egea, estudante universitaria e artista musical emerxente, e Sara Silvar, estudante de periodismo e comunicación audiovisual, que falarán sobre como van abríndose paso no paradigma cultural actual, e as dificultades que atopan no camiño.

Esta conversa está apoiada pola Concellaría de Mocidade de Santiago de Compostela con motivo da celebración do 8M, querendo mostrar a perspectiva de dúas mozas que loitan día a día por encontrar o seu oco no mundo artístico, expoñendo as moitas barreiras que aínda quedan por derrubar para acadar o mundo en igualdade que merecemos.
Helena dende Santiago e Sara dende Madrid, conversarán de forma online sobre os seus traballos dende o punto de vista das mulleres, e sobre a distinta situación que atopan no mundo da música e da interpretación en relación ó xénero.

Sen inscrición previa.

MARTES 09 DE MARZO
19:00h - 20:30h

Até a última gota de tinta – Movendo os marcos do patriarcado: O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán

Online

Conversa a cargo de Marilar Aleixandre e María López autoras do recente publicado libro Movendo os marcos do patriarcado: O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán e a escritora e xornalista María Xosé Porteiro.

Neste encontro, as dúas autoras, estudosas durante anos da vida e obra de Emilia, reflexionarán en torno ao pensamento feminista da mesma. Ao longo do coloquio, descubrirannos como a autora galega precursora nas súas ideas acerca dos dereitos das mulleres , ao longo das súas numerosas publicacións e traballos, denunciou, non só discriminacións, maltrato, mullericidios (creando a palabra), senón tamén os alicerces ideolóxicos nos que se fundamentan, como por exemplo, a idea de que as mulleres son “propiedade” dos homes. Un interesante coloquio no que poderemos descubrir numerosas curiosidades entorno ao pensamento reivindicativo da recoñecida escritora.

MÉRCORES 10 DE MARZO
18:30h

rosalía, 
muller de compostela

Online

Estrea online do sketch teatral Rosalía, muller de Compostela a cargo da compañía de teatro Os Quinquilláns, cuxa especialización é o teatro de rúa e teatro infantil, e que, actualmente, seguen facendo arte a través do audiovisual.

Nesta obra encarnarán á famosa Rosalía de Castro, esa muller transgresora e loitadora, capaz de enfrontarse ó mundo e defender os seus ideais ante calquera obstáculo, e o seu amigo e tamén famoso pintor galego-brasileiro, Modesto Brocos, un home de mente inqueda e gran paixón polas belas artes, que xuntos pasearán pola Compostela de hoxe, mentres reviven lembranzas, celebran avances e requiren dereitos. Unha viaxe teatral e poética que está protagonizada por Lucho Penabade e Tero Rodríguez, integrantes do grupo teatral Os Quinquilláns, acompañada pola música de Luís “O Caruncho” e gravación a cargo de Pib Producións.

XOVES 11 DE MARZO
18:30h - 21:00h

Conversatorio: 
Pensar o Feminismo

Online

Conversatorio presentado por Carmen Fernández, decana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, e que contará coa participación do Profesor Miguel Lorente, que reflexionará sobre “O machismo e a negación da violencia de xénero”; a periodista Cristina Fallaras, cuxo título a presentar é “Mírame, que che vou a molestar”; e Consuelo Sánchez Naranjo que tratará o tema “Da necesidade á virtude: o Observatorio da igualdade de xénero no ámbito da cultura”.

Porque todos os indicadores mostran un panorama de retroceso na conquista dos dereitos das mulleres como consecuencia da crise sanitaria e económica da pandemia. Neste período de reconstrución social é aínda máis necesario que as mulleres acaden postos de representación en todos os ámbitos da sociedade política, económica, científica e cultural,  porque son imprescindibles para cambiar o paradigma da sociedade, así como é necesario comprometernos coas máis débiles. O suxeito político do feminismo son as mulleres, e aquí e agora desexamos reflexionar, interrogarnos e en definitiva: Pensar o feminismo.

Sen inscrición previa

VENRES 12 DE MARZO
20:00h

XOANA
EN CONCERTO

A invitacións poderán retirarse no propio Teatro Principal

Teatro Principal – Santiago de Compostela (apertura de portas ás 19:30h.)

Concerto en formato acústico a cargo da artista Xoana acompañada de 3 músicos. Na súa emerxente carreira a compositora galega amosa o seu arraigado compromiso coa lingua da nosa comunidade e con empregala como canle de denuncia.

Co seu último disco Dardos Xoana irrompe no panorama musical mesturando o pop, rock, jazz ou reggae cunhas letras que amosan o carácter reivindicativo da autora. Con Mártires o seu primeiro videoclip, denuncia a violencia de xénero, poñendo en valor o papel da muller e perseguindo trasladar ó espectador o sentimento de angustia ao que unha muller pode chegar nunha situación de violencia. Toda unha declaración de intencións dunha artista que, aínda que acaba de irromper no mundo da música ten moi claros os seus obxectivos e dende aí, crea cancións que precisan ser escoitadas.

A invitacións poderán retirarse no propio Teatro Principal de Santiago de Compostela a partir do mércores 10 de marzo, en horario de 18:00h a 21:00h.
Dispoñibles ata completar aforo.

MARTES 16 DE MARZO
19:00h - 20:30h

Roles de xénero e saúde mental: unha perspectiva integradora

Online

Como afectan os roles de xénero a nosa vida diaria?
É certo que as mulleres sofren mais trastornos de tipo ansioso que os homes?
Como podemos tratar estas diferenzas?

Neste coloquio, a psicóloga Claudia Pradas, reflexionará sobre como a revolución social experimentada nestes últimos anos foi unha importante fonte de inspiración para crear novos proxectos e loitar pola igualdade nos diferentes aspectos do día a día. Este taller que nace da necesidade de dar novas ferramentas ó colectivo de mulleres para que poidan fortalecer a súa saúde mental a través da conciencia de que o xénero sexa un factor de risco. A través de distintos materiais didácticos e con un enfoque psicolóxico de xénero, Claudia pretende afondar en áreas como a autoestima, os complexos, a xestión emocional, o empoderamento e os mitos do amor romántico. 

XOVES 18 DE MARZO
19:00h - 20:30h

Exeria: unha muller curiosa

Online

Faladoiro a cargo de Marisa Vidal Collazo, experta en teoloxía e feminismo,  que nesta conversa trasladaranos ó século IV para presentar a Exeria, escritora hispano-romana da Idade Antiga coñecida pola súa obra Itinerarium Egeriae.

Neste relato narra a súa viaxe a Terra Santa entre os anos 381 e 384, deixando constancia da valente aventura na que se viu inmersa e chegando a ser considerada pola súa publicación, a primeira escritora hispana en lingua latina.  O manuscrito describe con entusiasmo as paisaxes, os edificios, os montes e os vales, e foi tido en conta como o primeiro libro de viaxes galego, centrando a escritura nas vistas e lugares, e non nos feitos relixiosos como son máis comúns. Neste coloquio Marisa debuxará un interesante itinerario sobre o perfil da cativadora Exeria, dende o cal poderemos descubrir o retrato feminista desta muller viaxeira chea de insaciable curiosidade.

MARTES 23 DE MARZO
19:00h - 20:30h

Cara unha Revisión Feminista da Historia da Arte

Online

Neste coloquio, a historiadora da arte e divulgadora da perspectiva de xénero, Eugenia Tenenbaum, falaranos de como podemos entender a historia da arte coma unha disciplina e ensinanza, e á vez utilizala coma un mecanismo ou instrumento para poder realizar unha viaxe ao pasado e, desta forma, comezar a establecer analoxías co presente en numerosos eidos. A arte, en canto a ferramenta de poder, lexitima discursos euro-céntricos, sexistas e, en xeral, excluíntes para unha maioría da poboación que foi relegada ós marxes. Dende esta interesante pronuncia, Eugenia, invitaranos a reflexionar, coñecer e educar sobre a análise feminista da Historia da Arte a través da perspectiva de xénero, valéndonos dalgúns exemplos que transcorreran dende a Antigüidade ata os nosos días, camiñando por un senlleiro de escuridade o cal merece darlle luz.

DOMINGO 16 DE MAIO
22:00h

Autocine:
proxección do filme María Solinha

Aparcadoiro Salgueiriños

En María Solinha o espectador trasládase a un pequeno pobo de Cangas do Morrazo en Galicia, onde vivirá unha adaptación da historia de María Solinha no século XXI. María Solinha foi unha muller perseguida e queimada pola Inquisición no século XVII tras ser acusada de bruxería.

A protagonista na que está baseada esta obra, foi atacada, segundo a lenda, por un dragón que atacou a vila de Redondela no século XVII e que secuestraba a todas as mulleres mozas para violalas debaixo do ponte da illa de San Simón. O fin do animal chegou cando os mariñeiros de Redondela rebeláronse e mataron ó animal para evitar que continuase facendo o mal.

Agora, os tempos han cambiado pero a lenda continua vixente. O dragón que atacou a María Solinha no século XVII deixou de ser un animal e no século XXI a lenda se reproduce cun protagonista humano, que tamén ataca e viola á María Solinha actual. A película reflexa a enerxía feminina de este mundo fronte ós dragóns que saen das súas covas. Con esta premisa, “María Solinha” fálanos da violencia contra a muller na sociedade patriarcal.

DIRECIÓN: Ignacio Vilar
GUIÓN:
Esther F. Carrodeguas, Ermel Morales
e Ignacio Vilar.
PRODUTORA:
Vía Láctea Filmes, Televisión de Galicia.

AO LONGO DOS MESES DE
MARZO - ABRIL - MAIO

Reencontros nas
parroquias
Contacto para máis información: María Pose
Inscricións de balde.

Diferentes localizacións do rural de Santiago de Compostela

Reencontros nas parroquias é un programa de actividades deseñado para analizar as consecuencias derivadas da situación vivida pola pandemia da Covid 19 na saúde física e emocional das mulleres do rural de Santiago de Compostela. Como se sentiron? Que mudou nas súas vidas? Que botaron en falta? Que precisan? Son algunhas das cuestións ás que trataremos de dar respostas.

Ao longo das diferentes accións programadas nos meses de marzo, abril e maio, pretendemos converter os centros socioculturais en espazos de encontro para escoitar os seus relatos, crear redes de apoio, promover o autocoidado e descubrir xuntas o poder da esperanza e da alegría.

Para solicitar máis información e inscricións ás xornadas, contactar con María Pose, cordinadora do proxecto, a través das seguintes canles: mposeo@santiagodecompostela.gal
tlf. 646 988 198

Banner_Artellando_edicions_Antes

Séguenos polas redes!

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usabilidade. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies