Segundo o disposto na Base Novena do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres, mediante este anuncio, procede a comunicarse que a decisión do xurado do premio Xohana Torres da Edición 2021, darase a coñecer nun acto público que terá lugar, o vindeiro martes 8 de marzo as 11:00 horas no Pazo de Raxoi.
Lembrando ás persoas participantes nesta edición, que deberán asistir obrigatoriamente ao antedito acto segundo o disposto na Base Décima segunda da citada convocatoria.
O proxecto artístico ELAS CONTAN, a piques de cumprir sete anos, naceu na capital galega en formato vídeo e desde entón transformouse nun proxecto interseccional e interdisciplinar desenvolto en múltiples formatos (vídeo, fotografía, instalación, performance, acción, arte dixital e arte téxtil) e en diversas localidades entre España e Italia, gañando diferentes premios e recoñecementos, entre os cales o Premio
de Arte Pública da Bienal Miquel Navarro de Mislata deste ano. Santiago de Compostela, nai do proxecto e destino de peregrinación,
estrea a macro instalación que reúne por primeira vez todas as mulleres retratadas, independentemente do lugar de procedencia das mesmas. Deste xeito, sumaríanse simbólicamente ás mulleres que percorrerán e ocuparán as rúas e as prazas do municipio na marcha do 8M. Santiago de Compostela acollería ás mulleres anónimas de diferentes partes do mundo, que, grazas á súa xenerosidade, puxeron a disposición os seus rostros e os seus recordos para promover a igualdade e loitas xuntas contra o imperante control de xénero presente na historia oficial. Para iso, ocuparanse os balcóns dos edificios públicos concordados co concello.
Helena Sotoca, creadora de FEMME SAPIENS, chega a Artellando Feminismo para analizar con ironía, sátira e un punto de vista feminista, a situación das mulleres nos diversos ámbitos de desenvolvemento social.
Onde están as mulleres colocadas no mundo da arte? Que papel teñen na cultura? Como se transmite a súa historia? Cantas mulleres artistas foron recoñecidas? Cales son os detalles que se destacan das súas traxectorias profesionais?
De maneira insubmisa e práctica, recorreremos a obra desta autora na que fai unha revisión da Historia da Arte Occidental, con perspectiva de xénero e un humor moi sagaz, cuestionando a posición das mulleres nas artes, a cultura, a sexualidade e os canons de beleza.
Mara Jiménez e Teresa López, sóbense ao escenario de Artellando Feminismo para reivindicar a diversidade corporal. Que teñen en común Satanás, unha estrela de cinema, dúas monxas, unha lesbiana convertida á forza, as ganas de ter relacións e un donut?
A través de máis de dez personaxes, en situacións e mundos moi diversos, que dan vida á comedia teatral “Gordas”, poderemos reflexionar sobre a delimitación dos espazos segundo a aparencia física.
Unha obra, con numerosas datas esgotadas na súa xira por diferentes teatros de España, que sazonada con fina ironía e moito humor, pretende visibilizar a gordofobia e os estereotipos aos que se ven sometidas especialmente as mulleres que non cumpren cos canons estéticos.
Pablo Piñeiro, escritor e actor, achega a Artellando Feminismo, a través do seu propio proceso persoal, os diferentes tópicos asociados á masculinidade tóxico, con perspectiva feminista, e a importancia de poñer o foco na deconstrución individual e colectiva.
Unha proposta de monólogo teatral no que autor debulla a súa obra literaria “O positivo de fracasar no amor”, un conxunto de historias persoais coas que empatizar e reflexionar sobre o concepto do amor e os roles de xénero.
Unha comedia de emocións fortes na que o autor mostra en primeira persoa, como partindo desde o analfabetismo emocional, unha persoa pódese reconstruír a si mesma, para vincularse de forma máis próxima; liberándose dos patróns de comportamento social adquiridos.
Nacho Roura e Tamara Pazos, referentes en investigación e divulgación científica do eido da psicoloxía e a bioloxía, traen a Artellando Feminismo, un coloquio dinámico e próximo con perspectiva neurocientífica e de xénero.
É igual o cerebro de mulleres e homes? Coñecemos as súas diferenzas biolóxicas? Sabemos como afectan ao noso día a día? Entendemos a importancia de ter en conta a perspectiva de xénero na saúde mental?
A través dunha linguaxe sinxela e accesible, poderemos aproximarnos a conceptos da neuropiscoloxía, a partir dos cales desenvolver un debate reflexivo, desde unha nova perspectiva que podería dar resposta a moitas das accións existentes na sociedade actual.
Carla Núñez, unha das caras do espazo de éxito en redes Todomalgal, será a encargada de levar a Artellando Feminismo ás rúas de Santiago de Compostela para facer reflexionar á cidadanía máis nova, a través de preguntas sinxelas que terán que ir respondendo.
Os vídeos resposta, gravados en formato TikTok/Instagram, iranse colgando en RRSS ao longo dos meses de marzo e abril e recompilaranse nun vídeo resumo final, que se proxectará nun encontro presencial con todas as persoas participantes como invitadas.
Claudia Pradas, colaboradora en medios dixitais sobre psicoloxía, analizará as diferentes respostas recollidas, fomentando o debate e a reflexión entre as persoas asistentes desde unha perspectiva de xénero.
Campaña nos centros de ensino para traballar a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Especial.
– Talleres presenciais en Institutos de Educación Secundaria:
- “Falemos de masculinidade, falemos de igualdade”.
- “Des-conectarse da violencia: previndo a violencia no novo contexto dixital”.
– Acción conxunta familias e alumnado: Guía de lecturas “Lendo en e pola igualdade”.
– Reparto de material de merchandising COMPigual nos centros educativos.