

Coloquio a cargo de Helena Egea, estudante universitaria e artista musical emerxente, e Sara Silvar, estudante de periodismo e comunicación audiovisual, que falarán sobre como van abríndose paso no paradigma cultural actual, e as dificultades que atopan no camiño.
Esta conversa está apoiada pola Concellaría de Mocidade de Santiago de Compostela con motivo da celebración do 8M, querendo mostrar a perspectiva de dúas mozas que loitan día a día por encontrar o seu oco no mundo artístico, expoñendo as moitas barreiras que aínda quedan por derrubar para acadar o mundo en igualdade que merecemos.
Helena dende Santiago e Sara dende Madrid, conversarán de forma online sobre os seus traballos dende o punto de vista das mulleres, e sobre a distinta situación que atopan no mundo da música e da interpretación en relación ó xénero.

