

Conversatorio presentado por Carmen Fernández, decana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, e que contará coa participación do Profesor Miguel Lorente, que reflexionará sobre “O machismo e a negación da violencia de xénero”; a periodista Cristina Fallaras, cuxo título a presentar é “Mírame, que che vou a molestar”; e Consuelo Sánchez Naranjo que tratará o tema “Da necesidade á virtude: o Observatorio da igualdade de xénero no ámbito da cultura”.
Porque todos os indicadores mostran un panorama de retroceso na conquista dos dereitos das mulleres como consecuencia da crise sanitaria e económica da pandemia. Neste período de reconstrución social é aínda máis necesario que as mulleres acaden postos de representación en todos os ámbitos da sociedade política, económica, científica e cultural, porque son imprescindibles para cambiar o paradigma da sociedade, así como é necesario comprometernos coas máis débiles. O suxeito político do feminismo son as mulleres, e aquí e agora desexamos reflexionar, interrogarnos e en definitiva: Pensar o feminismo.

