ARTELLANDO FEMINISMO
Un conxunto de accións encamiñadas a animar á sociedade compostelá a implicarse de xeito activo na transformación social, fomentando a toma de conciencia na igualdade de dereitos e de oportunidades; recoñecendo a contribución da muller ao desenvolvemento social, económico e cultural; dando visibilidade ás desigualdades aínda existentes, promovendo a reflexión e os espazos de creación conxunta e facilitando ferramentas prácticas para desenvolver recursos a favor da igualdade real entre mulleres e homes.
As xornadas, que pretenden ser un espazo de intercambio e aprendizaxe, están dirixidas a todas as persoas interesadas en acadar unha cidadanía responsable dende a participación activa; contribuíndo de forma individual para unha construción colectiva, porque cada persoa artella feminismo, artella igualdade.